Moi pronto informaremos das sesión previstas para este novo OndaFIOT 2023.
Benvida á nova iniciativa dixital do festival! Nun afán sempre inquedo, hai moito tempo que o FIOT explora o teatro sonoro e, nese contexto, a radio e o festival sempre tiveron un vínculo moi especial.
A incorporación das novas tecnoloxías no mundo das artes abriu novos campos para achegar o feito artístico ao público. En plena pandemia, no ano 2020, FIOT marcou un fito no panorama escénico galego coa creación do FIOT Fónico, unha proposta innovadora, producida polo propio festival, con equipos artísticos de primeiro nivel,con presenza de autores e intérpretes da comarca, que supuxo a posibilidade de gozar da escoita dunha obra de teatro a través dun dispositivo móbil. No #FIOT31, este proxecto continúa cun novo espectáculo e retoma deste xeito dúas iniciativas abertas á cidadanía.
Agora, decidimos potenciar e conferirlle unha identidade propia a esta inquedanza e interese do FIOT polos formatos sonoros e os dixitais, coa creación de ONDA FIOT. Nesta iniciativa pretendemos agrupar e xerar os diferentes proxectos que foron xurdindo nestes anos e configurar un novo programa que lle dea forma e visibilidade ao que consideramos un signo característico noso, que enriquece o noso programa expansivo.
Nas nosas cabezas bulen moitas iniciativas que se suman a esta onda, pero somos de medrar paseniño e, polo momento, darémoslle forma ao proxecto dándolle un lugar propio ao Concurso de Teatro Lido, creando un arquivo sonoro coas creacións dos nosos teatreiros máis miúdos e máis próximos; os primeiros cos que exploramos este ámbito.
Por suposto, esta será a casa das obras do FIOT Fónico. Este ano repousamos na labor de creación, pero creamos este lugar de referencia para que estean accesibles e dispoñibles de maneira estable, para que o teatro poida acompañarnos nos paseos que realicemos por Carballo en calquera momento, carballeses ou visitantes,e descubramos mundos ocultos na nosa vila.
E no 2022 crearemos un novo proxecto, no que integramos outro ben querido e no que tamén fomos pioneiros, a Escola do Espectador. Afondamos máis nesta actividade de formación de públicos no seu apartado correspondente, pero, basicamente, ampliamos a súa dimensión desde a presencial e física ata a sonora, realizando un podcast de cada sesión, para que se arquive e poida usar como un recurso accesible en calquera lugar ou momento polas fioteiras e fioteiros ou por outros públicos interesados na nosa programación ou en continuar afondando sobre o mundo do teatro.
Concurso de Teatro Lido
O Concurso Escolar de teatro Lido Xosé Manuel Eirís celebra no 2023 a súa 22ª edición. É unha proposta fo FIOT para promover o teatro entre a rapaza á vez que coñecen o mundo da lectura dramatizada.
Nesta páxina podes escoitar os arquivos sonoros das últimas edicións do Concurso de Teatro Lido:
Categoría infantil e primaria
1. O exemplo a seguir – Xoaniña
3º de EP do CEIP Canosa-Rus
2. O conto dos sete medos – Os Cristinateiros
3º de EP CEIP Plurilingüe A Cristina
Categoría secundaria, bacharelato e ciclos de grado medio
1. Segredos abertos – Areeiras
CPI Cabo da Area de Laxe
2. Unha avoa a catro patas, calcetíns e garavatas – Calcetíns
IES Alfredo Brañas de Carballo
Categoría infantil e primaria
1. Daniela séntese Daniel – Os Reversibles
CPI Cabo da Area
2. Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela – As Teloneiras
CPR Artai
3. O peixe de ouro – Os Golfiños
CEIP Canosa-Rus
4. Tremoia manía – Os Tremoias
CEIP Bergantiños
Categoría secundaria, bacharelato e ciclos de grado medio
1. Bulling – Ora-toria
IES Alfredo Brañas
2. Seica choven cartos! – Todo ao revés
CPI Cabo da Area
3. Crispín – Os Teatreiros
IES Monte Neme
Categoría infantil e primaria
1. Quero ser outro – Cardume
CEIP Fogar
2. Pobres animaliños! – Agasallo
CPR Artai
3. Maruxa a mariñeira – Mariñeiras
CEIP Cabo da Area
4. O galo quirico – Os teatreiros do San Luís
CEIP Xesús San Luís Romero
Categoría secundaria, bacharelato e ciclos de grado medio
1. O ladrón – Os teatreiros do Monte Neme
IES Monte Neme
2. As sete mulleres do Anllóns – As sete mulleres do Anllóns
CPI As Revoltas
3. Puchiño vermello – Lendo lendas
IES Alfredo Brañas
Categoría infantil e primaria
1. O soño do verme – Solpor
CPR Artai
2. Superheroes – Teatrús
CEIP Canosa Rus
3. O rabaño – As ovelliñas do San Luís
CEIP Xesús San Luís Romero
4. Lobo feroz – A raíña dos vilares
CRA Ponte da Pedra – Escola de Sísamo
Categoría secundaria, bacharelato e ciclos de grado medio
1. Un médico desesperado – Bilitroque
CEIP Fogar
2. A fé – Os románticos
IES Eduardo Pondal
3. O merlo branco – Entreguións
IES Alfredo Brañas
FIOT Fónico
Imaxinas percorrer Carballo á vez que gozas dunha obra de teatro agochada no teu peto?
As rúas de Carballo convértense no escenario do FIOT Fónico, o último proxecto do Festival Internacional Outono de Teatro, no que experimentamos con novas linguaxes teatrais e procuramos introducir á cidade no teatro a través das novas tecnoloxías.
O FIOT implícase na experimentación escénica cunha iniciativa propia, realizada en coprodución co LIDISS (Laboratorio de Investigación en Innovación Social e Cultural Sostible), que conxuga as artes escénicas co espazo urbano e que explora novos formatos e as posibilidades que ofrecen as ferramentas tecnolóxicas, á vez que procura sinerxías con outras iniciativas socioculturais que teñen lugar en Carballo.
Escola do espectador
Este proxecto que pretende facilitar claves que melloren a comprensión dos espectáculos, experimentou con diferentes formatos ao longo da súa traxectoria, de máis dunha década.
Nesta 31º edición, unindo o interese na formación de públicos e no uso dos medios dixitais e nos novos hábitos, creamos unha proposta diferente que seguro enriquecerá a nosa mirada. Xornalistas especializadas en artes escénicas conducirán un encontro coas compañías, que se gravará ao vivo e, posteriormente, converterase nun podcast. Fioteiras e fioteiros poderán asistir a esta Escola e acceder posteriormente ás gravacións.
A Escola do Espectador nas Ondas constará de diversos episodios, cada un cunha temática específica arredor das liñas argumentais do festival. As convidadas e convidados serán un luxo que non debes perder. 100% selo FIOT!
Organiza: AC Telón e Aparte.
Lugar e datas de celebración: No Salón Social do Pazo da Cultura, os seguintes días:
Sábado 8 de outubro, 13.00 horas. Camilo Franco, de Piso Franco, conversa con Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira (Mofa e Befa, protagonistas de ‘Pirolíticos’), Tito Asorey e Xosé A. Touriñán (‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’).
Sábado 15 de outubro, 13.00 horas. Daniel Galindo, de RNE, conversa con membros de Titzina Teatro co gallo da estrea en Galicia de ‘Búho’.
Domingo 16 de outubro, 18.00 horas. Daniel Galindo, de RNE, conversa con Leo Bassi co gallo da estrea en Galicia de ’70 años: Leo Bassi’.
Sábado 22 de outubro, 13.00 horas. Machús Osinaga, de TVE, conversa cos membros de Pont Flotant -co gallo da estrea en Galicia de ‘Eclipse Total’- e con Chévere (Patricia de Lorenzo e Xesús Ron), habituais do FIOT, que nesta ocasión acolle a conferencia performativa de Patricia de Lorenzo ‘Pequenas mentiras para contar grandes verdades’.
Sábado 29 de outubro, 13.15 horas. Paloma Cortina, de RNE, conversa con Rebeca Hernando e José Juan Rodríguez, intérpretes de ‘La voluntad de creer’, co gallo da estrea en Galicia deste novo espectáculo de Pablo Messiez, quen participará na charla vía Zoom.