Sobre a actividade

Segunda sesión da Escola do espectador nas ondas, a iniciativa do FIOT para achegar claves da creación escénica co público do festival. Nesta sesión Daniel Galindo (La Sala de RNE) conduce unha conversa na que participan Pako Merino e Diego Lorca, de Titzina Teatro, co gallo da estrea en Galicia da súa peza ‘Búho’ no marco Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT).

Sobre Dani Galindo

Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidad de Málaga e Máster de Periodismo Radiofónico pola Universidad Complutense e Radio Nacional de España. Comeza elaborando contidos editoriais de lecer e cultura en medios dixitais como LaNetro.com, Canal 21 ou eDreams.

Vinculado desde 2001 á radio pública, traballa en programas como “Mundo solidario”, “De película” e “El ojo crítico”, así como en informativos desde a Área de Cultura, colaborando con espazos de RNE, TVE e RTVE.es.

Puxo en marcha espazos de cine e artes escénicas, como “Contando historias”, en Radio Exterior, ou “Tendencias” e “En escena”, en Radio 5 Todo Noticias. Desde 2012 dirixe e presenta “La sala”, durante dúas tempadas en Radio 3 e desde setemebro de 2014 en Radio Nacional, Radio 5 e Radio Exterior.