Sobre a actividade

O crítico teatral Camilo Franco guía a primeira conversa da Escola do espectador nas ondas, que xira arredor da creación galega e na que participan Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira (Mofa e Befa, que abren o Programa de Sala do FIOT31 coa estrea absoluta de ‘Pirolíticos’, a nova coprodución do FIOT e Producións Teatrais Excéntricas), e Tito Asorey e Xosé A. Touriñán, director e intérprete de ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’, a obra do Centro Dramático Galego e Ainé Producións que pecha a 31ª edición do FIOT.

Sobre Camilo Franco

Ourense, 1963. Non está seguro, pero na memoria conserva algo de xornalista, algo de escritor e algo de crítico de teatro. Espectador en máis de 2.000 obras, unhas cantas delas no FIOT de Carballo. Libros: A lúa no cénitEn malos pasosPor conto alleoPalabras contadasDez obras de Vidal Bolaño, Balada triste de moqueta. Podes lelo na app para móbiles Piso Franco.