Quinta e última sesión da primeira tempada da Escola do espectador nas ondas, na que a protagonista é a estrea en Galicia da obra ‘La voluntad de creer’, que ten lugar no marco do FIOT de Carballo. A xornalista Paloma Cortina mantén unha conversa co seu director, Pablo Messiez, e as intérpretes Rebeca Hernando e José Juan Rodríguez.
Sobre a actividade
Sobre Paloma Cortina
Paloma Cortina Gaspar naceu en Valencia nos primeiros anos da década dos 80. Encheuse da súa luz, das súas flores e do seu amor trasladándoos a Madrid, cidade na que desenvolveu a súa traxectoria profesional en RNE como xornalista cultural.
Combinou o labor de redacción, presentación e produción en distintos momentos e programas magazine e tamén culturais co seu propio espazo, Dramedias, dedicado ás artes escénicas, e que agora se emite os sábados en Radio5 (e cuxas anteriores edicións atoparedes en podcast).
Dramedias é un programa no que podes atopar a quen fai posible o teatro, a danza, a performance, o circo e, definitivamente, as artes vivas. Desde os festivais, os teatros, as carpas e as prazas, sen medo a seren intesa, mais sen pretensión de ensinar ou entender completamente as cousas.
Paloma Cortina en Dramedias aborda textos clásicos e de vangarda desde unha premisa que é case a súa razón de ser, e a súa actitude máis sincera: a curiosidade. A luz, as flores e o amor seguen a formar parte do seu día a día laboral e persoal, pois co que se nace, faise. E a vida vai diso mesmo: a vida son Dramedias.