Terceira sesión da Escola do espectador nas ondas 2023. Nesta conversa, o xornalista Ángel Suanzes conversa coas actrices Ariadna Gil e Magda Puig e co actor Erol Lleri, co gallo da estrea en Galicia do espectáculo ‘Hay alguien en el bosque’ no marco do 32º FIOT.
Sobre a actividade
Sobre Ángel Suanzes
Licenciado en Xornalismo pola UPSA. Leva desde finais dos 90 na práctica da profesión en diversas radios e televisións. Desde 2006 exerce como xornalista cinematográfico na Televisión de Galicia (CRTVG), primeiro en Planeta Cine e desde 2010 no Zigzag Diario. Durante ese tempo, desenvolveu coberturas en festivais internacionais como Cannes, Venecia ou San Sebastián, e en eventos como os Premios Goya. Presentou as galas de inauguración e clausura do Festival de Cine de Ourense e en Nuevos Cines de Pontevedra, entre outras colaboracións. É autor dos poemarios ‘Y si la memoria está en la boca’, editado por Urutau, e ‘Os eucaliptos levan o lume dentro’, de Nêspera Editora.