Sobre a actividade

Segunda sesión da Escola do espectador nas ondas 2023. Nesta conversa, o xornalista e crítico teatral Raúl Losánez (La Razón, RNE) conversa co dramaturgo Paco Bezerra, e coa compañía Redrum Teatro (o director Alex Sampayo e o actor Guillermo Carbajo), co gallo da estrea absoluta no FIOT do espectáculo ‘O pequeño poni’.

Sobre Raúl Losánez

Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, Raúl está vinculado profesionalmente aol mundo do xornalismo escrito e radiofónico, onde desempeñou labores de redactor, realizador, creativo e guionista. Adaptou obras literarias para este medio e é autor dalgunhas premiadas pezas orixinais de teatro radiofónico. Foi responsable dos programas literarios ‘El Rincón de Amarilis’ e ‘La Montaña Mágica’, así como do programa de teatro ‘Butaca de Platea’, todos eles emitidos en Radio Intereconomía. Participou, ademais, como profesor de radio en distintas escolas e universidades. Foi crítico teatral e literario de La Gaceta e, na actualizada, é o crítico teatral de La Razón, ademais de ser colaborador en RNE e Fundación SGAE. Como dramaturgo, presentou no Festival de Almagro ‘Me trataste con olvido (Clásicas en rebeldía)’ e este outono estrenará o seu espectáculo ‘Vano fantasma de niebla y luz’ ao Teatro Fernán Gómez de Madrid.