Día
Durante o festival
Dispoñible todas as fins de semana a calquera hora (visitas individuais, non acompañadas pola organización). A través da app gratuíta Carballo a un paso.
Espazo
Inicio no Fórum Carballo
Entrada
Gratuíta
Duración
60 minutos
Visitas individuais, non acompañadas pola organización.
Idade
A partir de 13 anos
Sobre o espectáculo
Cando a lúa é unha válvula de spray, a noite pode debuxar as escenas máis inesperadas. As accións da madrugada sucédense entón na stop motion dos murais urbanos… e nada ten volta atrás. Nese carrusel vense envoltos Sara, María e Leo mentres celebran un rito durante o San Xoán.
Esta é a primeira produción do proxecto FIOT Fónico, estreada en outubro de 2020, que volvemos poñer a disposición dos espectadores para que sigan a gozar deste espectáculo itinerante no que oito murais de Carballo son os escenarios dun podcast que se escoita desde o móbil.
O FIOT explora novas linguaxes teatrais, procurando introducir á cidade no teatro a través das novas tecnoloxías, creando unha experiencia teatral singular.
A dramaturxia vén da man da poetisa carballesa Rosalía Fernández Rial, un dos grandes valores da poesía galega actual, coa dirección de Quico Cadaval.
Ficha
Autora: Rosalía Fernández Rial
Dirección teatral:Quico Cadaval
Espazo sonoro: Marcos PTT Carballido
Intérpretes: Melania Cruz, Santi Romay, Maria Roja. Coas voces de Marcos PTT Carballido e Rosalía Fernández Rial