Skip to main content

Nun afán sempre inquedo, hai moito tempo que o FIOT explora o teatro sonoro e, nese contexto, a radio e o festival sempre tiveron un vínculo moi especial… que se reflicte en Onda FIOT, a iniciativa dixital do festival que estades a punto de descubrir…

Nesta sección nas ondas do FIOT, o festival concentra diferentes accións vinculadas coas novas tecnoloxías, as conversas e a escoita, do FIOT Fónico, unha proposta innovadora, producida polo propio festival, que supuxo a posibilidade de gozar da escoita dunha obra de teatro a través dun dispositivo móbil, á Escola do Espectador nas Ondas, os podcasts de conversas artísticas do FIOT guiadas por xornalistas especializados e os creadores e creadoras máis queridos e singulares que cada ano nos visitan.

En Onda FIOT teñen tamén cabida proxectos tan nosos e arraigados como o Concurso Escolar de Teatro Lido, que achega a maxia da radio aos máis novos, ou o interesante proxecto de Berrobanbán en colaboración co FIOT Facer memoria.

Queres escoitalos? Benvidos e benvidas as nosas ondas!

Membros de equipos artísticos que forman parte do programa conversarán sobre os seus proxectos e “segredos” con xornalistas especializados, proporcionando unha visión profunda e accesible sobre as obras do Outono de Teatro.

Estes encontros presenciais celebraranse no salón social do Pazo da Cultura e gravaranse ao vivo en formato podcast, aloxándose na web do FIOT, sendo accesibles en calquera momento.

Coa incorporación dos recursos dixitais, estendemos a múltiples públicos a Escola de Espectador, a proposta formativa creada hai xa moitos anos para facilitar aos espectadores a comprensión e valoración dos espectáculos teatrais.

* Encontros abertos ao público, de libre acceso ata completar a capacidade. 

Data
A partir do 4 de outubro

Hora
12.30 h

Espazo
Pazo da Cultura

Inscrición
Sen necesidade de inscrición

Territorio Regueifa

🗓️ Sábado 4 de outubro, 12.30 h

Farra

🗓️ Domingo 19 de outubro, 12.30 h

Proximamente máis información.

Escoita os podcast das pasadas edicións

Edición 2024

Capítulo 4

Capítulo 4

Pablo Giraldo
Capítulo 3

Capítulo 3

Paloma Cortina
Capítulo 2

Capítulo 2

Machús Osinaga
Capítulo 1

Capítulo 1

Dani Galindo e Raúl Losánez

Edición 2023

Capítulo 3

Capítulo 3

Ángel Suanzes
Capítulo 2

Capítulo 2

Raúl Losánez
Capítulo 1

Capítulo 1

Marta Otero

Edición 2022

Capítulo 5

Capítulo 5

Paloma Cortina
Capítulo 4

Capítulo 4

Machús Osinaga
Capítulo 3

Capítulo 3

Daniel Galindo
Capítulo 2

Capítulo 2

Daniel Galindo
Capítulo 1

Capítulo 1

Camilo Franco

O Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís é unha proposta fo FIOT para promover o teatro entre a rapaza á vez que coñecen o mundo da lectura dramatizada.

Nesta páxina podes escoitar os arquivos sonoros das últimas edicións do Concurso de Teatro Lido:

Categoría infantil e primaria

1º Premio: Os Cristinatreiros, do CEIP A Cristina, coa obra A mentireira historia da Carapucha Vermella

2º Premio: Teatradas do CRA, do CRA Nosa Señora do Faro, coa obra A abelliña que perdeu as ás

Accésit: Firucos, do CEIP Alfredo Brañas, coa obra Ai, mamasiña que medo!

Categoría secundaria e bacharelato

1º Premio: Cambio Blanco, do IES Monte Neme, coa obra Presos – Finlandia

2º Premio: Instalacións Eléctricas, do CPI As Revoltas, coa obra Última hora

Accésit: Familia Carballeira, do IES Eduardo Pondal, coa obra Nadal en galego

Categoría infantil e primaria

1º Premio: Os Cristinatreiros, do CEIP A  Cristina, coa obra Cataventos e Cía

2º Premio: Bastidores, do CPR Artai, coa obra Nunca é a gusto de todos

Categoría secundaria e bacharelato

1º Premio: Instalacións eléctricas, do CPI As Revoltas, coa obra Na oficina de obxectos perdidos

2º Premio: Contadores de contos, do IES Alfredo Brañas, coa obra Contos para ser escoitados

Categoría infantil e primaria

1. Lixum marítimus – Tralleir@s medioambientais
CPI Cabo da Area de Laxe

2. A vaca que puxo un ovo – As conteiras e conteiros
CEIP Fogar de Carballo

Categoría secundaria e bacharelato

1. Atraco no banco – Os viquingos do Pendón
CPI As Revoltas de Cabana

2. A verdadeira historia de Rapuncel – Os teatreiros
IES Alfredo Brañas de Carballo

Categoría infantil e primaria

1. O exemplo a seguir – Xoaniña
3º de EP do CEIP Canosa-Rus

2. O conto dos sete medos – Os Cristinateiros
3º de EP CEIP Plurilingüe A Cristina

Categoría secundaria, bacharelato e ciclos de grado medio

1. Segredos abertos – Areeiras
CPI Cabo da Area de Laxe

2. Unha avoa a catro patas, calcetíns e garavatas – Calcetíns
IES Alfredo Brañas de Carballo

Categoría infantil e primaria

1. Daniela séntese Daniel – Os Reversibles
CPI Cabo da Area

2. Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela – As Teloneiras
CPR Artai

3. O peixe de ouro – Os Golfiños
CEIP Canosa-Rus

4. Tremoia manía – Os Tremoias
CEIP Bergantiños

Categoría secundaria, bacharelato e ciclos de grado medio

1. Bulling – Ora-toria
IES Alfredo Brañas

2. Seica choven cartos! – Todo ao revés
CPI Cabo da Area

3. Crispín – Os Teatreiros
IES Monte Neme

Categoría infantil e primaria

1. Quero ser outro – Cardume
CEIP Fogar

2. Pobres animaliños! – Agasallo
CPR Artai

3. Maruxa a mariñeira – Mariñeiras
CEIP Cabo da Area

4. O galo quirico – Os teatreiros do San Luís
CEIP Xesús San Luís Romero

Categoría secundaria, bacharelato e ciclos de grado medio

1. O ladrón – Os teatreiros do Monte Neme
IES Monte Neme

2. As sete mulleres do Anllóns – As sete mulleres do Anllóns
CPI As Revoltas

3. Puchiño vermello – Lendo lendas
IES Alfredo Brañas

Categoría infantil e primaria

1. O soño do verme – Solpor
CPR Artai

2. Superheroes – Teatrús
CEIP Canosa Rus

3. O rabaño – As ovelliñas do San Luís
CEIP Xesús San Luís Romero

4. Lobo feroz – A raíña dos vilares
CRA Ponte da Pedra – Escola de Sísamo

Categoría secundaria, bacharelato e ciclos de grado medio

1. Un médico desesperado – Bilitroque
CEIP Fogar

2. A fé – Os románticos
IES Eduardo Pondal

3. O merlo branco – Entreguións
IES Alfredo Brañas

Imaxinas percorrer Carballo á vez que gozas dunha obra de teatro agochada no teu peto?

As rúas de Carballo convértense no escenario do FIOT Fónico, o último proxecto do Festival Internacional Outono de Teatro, no que experimentamos con novas linguaxes teatrais e procuramos introducir á cidade no teatro a través das novas tecnoloxías.

O FIOT implícase na experimentación escénica cunha iniciativa propia, realizada en coprodución co LIDISS (Laboratorio de Investigación en Innovación Social e Cultural Sostible), que conxuga as artes escénicas co espazo urbano e que explora novos formatos e as posibilidades que ofrecen as ferramentas tecnolóxicas, á vez que procura sinerxías con outras iniciativas socioculturais que teñen lugar en Carballo.

O espello que arde

O espello que arde

FIOT Fónico 2021
A lúa, válvula de spray

A lúa, válvula de spray

FIOT Fónico 2020

Podcast da experiencia de ‘Facer memoria’: proxecto realizado pola compañía Berrobambán en Carballo, no FIOT 2022. Recolle as gravacións realizadas nas parroquias de Oza e Verdillo a partir do encontro da narradora Paula Carballeira con múltiples persoas, para darlles voz ás súas lembranzas, nunha particular reconstrución da historia local.