Skip to main content

Onda FIOT

Benvida á nova iniciativa dixital do festival!  Nun afán sempre inquedo, hai moito tempo que o FIOT explora o teatro sonoro e, nese contexto, a radio e o festival sempre tiveron un vínculo moi especial.

A incorporación das novas tecnoloxías no mundo das artes abriu novos campos para achegar o feito artístico ao público. En plena pandemia, no ano 2020, FIOT marcou un fito no panorama escénico galego coa creación do FIOT Fónico, unha proposta innovadora, producida polo propio festival, con equipos artísticos de primeiro nivel,con presenza de autores e intérpretes da comarca, que supuxo a posibilidade de gozar da escoita dunha obra de teatro a través dun dispositivo móbil. No #FIOT31, este proxecto continúa cun novo espectáculo e retoma deste xeito dúas iniciativas abertas á cidadanía.

Agora, decidimos potenciar e conferirlle unha identidade propia a esta inquedanza e interese do FIOT polos formatos sonoros e os dixitais, coa creación de ONDA FIOT. Nesta iniciativa pretendemos agrupar e xerar os diferentes proxectos que foron xurdindo nestes anos e configurar un novo programa que lle dea forma e visibilidade ao que consideramos un signo característico noso, que enriquece o noso programa expansivo.

Nas nosas cabezas bulen moitas iniciativas que se suman a esta onda, pero somos de medrar paseniño e, polo momento, darémoslle forma ao proxecto dándolle un lugar propio ao Concurso de Teatro Lido, creando un arquivo sonoro coas creacións dos nosos teatreiros máis miúdos e máis próximos; os primeiros cos que exploramos este ámbito.

Por suposto, esta será a casa das obras do FIOT Fónico. Este ano repousamos na labor de creación, pero creamos este lugar de referencia para que estean accesibles e dispoñibles de maneira estable, para que o teatro poida acompañarnos nos paseos que realicemos por Carballo en calquera momento, carballeses ou visitantes,e descubramos mundos ocultos na nosa vila.

No 2022 creamos un novo proxecto, a Escola do Espectador nas Ondas, ampliando a dimensión presencial e física da xa tradicional -e pioneira- Escola do Espectador do FIOT. ao ámbito sonoro e dixital. Neste 2024, continuamos con novos episodios desta actividade de formación de públicos, realizando un podcast coas diferentes sesións de entrevistas coas compañías e artistas, para que se arquive e poida usarse como un recurso accesible en calquera lugar ou momento polas fioteiras e fioteiros que desexen continuar afondando sobre o mundo do teatro.

Escola do espectador nas ondas 2024

Neste 2024, non perdas as conversas escénicas e culturais cos equipos artísticos dos espectáculos programados no FIOT. Cada sesión, arredor dun café ou vermú, ten entrada libre e estará guiada por un xornalista especializado. As entrevistas son gravadas en vivo para ser logo escoitadas á carta, en formato podcast, sempre que o público o desexe.

Lugar de celebración: Pazo da Cultura de Carballo (Salón Social, Salón da TV ou Sala de Exposicións)

* Encontros abertos ao público, de libre acceso ata completar a capacidade. 

SÁBADO 5 DE OUTUBRO, 13.00H

Mulleres que viven soas #MQVS, e narración oral
Participan: Paula Carballeira, María da Pontragha, Vero Rilo, Avelino González e Cándido Pazó
Moderan: Dani Galindo e Raúl Losánez

SÁBADO 19 DE OUTUBRO, 13.00H

Multiperspectivas#3
Participan: Paula Quintás
Modera: Machús Osinaga

SÁBADO 26 DE OUTUBRO, 16.30H

Casting Lear
Participa: Andrea Jiménez
Modera: Paloma Cortina

XOVES 31 DE OUTUBRO, 18.30H

Vania x Vania (versión 1)
Participan: Javier Cámara, Juan Codina, Israel Elejalde, Marta Nieto Manuela Paso e Marina Salas
Modera: Pablo Giraldo

Capítulo 1

Dani Galindo e Raúl Losánez

Capítulo 2

Machús Osinaga

Capítulo 3

Paloma Cortina

Capítulo 4

Pablo Giraldo

Escoita os podcast das pasadas edicións

Edición 2023

Capítulo 3

Ángel Suanzes

Capítulo 2

Raúl Losánez

Capítulo 1

Marta Otero

Edición 2022

Capítulo 5

Paloma Cortina

Capítulo 4

Machús Osinaga

Capítulo 3

Daniel Galindo

Capítulo 2

Daniel Galindo

Capítulo 1

Camilo Franco

Concurso de Teatro Lido

O Concurso Escolar de teatro Lido Xosé Manuel Eirís celebra no 2024 a súa 23ª edición. É unha proposta fo FIOT para promover o teatro entre a rapaza á vez que coñecen o mundo da lectura dramatizada.

Nesta páxina podes escoitar os arquivos sonoros das últimas edicións do Concurso de Teatro Lido:

Categoría infantil e primaria

1º Premio: Os Cristinatreiros, do CEIP A Cristina, coa obra A mentireira historia da Carapucha Vermella

2º Premio: Teatradas do CRA, do CRA Nosa Señora do Faro, coa obra A abelliña que perdeu as ás

Accésit: Firucos, do CEIP Alfredo Brañas, coa obra Ai, mamasiña que medo!

Categoría secundaria e bacharelato

1º Premio: Cambio Blanco, do IES Monte Neme, coa obra Presos – Finlandia

2º Premio: Instalacións Eléctricas, do CPI As Revoltas, coa obra Última hora

Accésit: Familia Carballeira, do IES Eduardo Pondal, coa obra Nadal en galego

Categoría infantil e primaria

1º Premio: Os Cristinatreiros, do CEIP A  Cristina, coa obra Cataventos e Cía

2º Premio: Bastidores, do CPR Artai, coa obra Nunca é a gusto de todos

Categoría secundaria e bacharelato

1º Premio: Instalacións eléctricas, do CPI As Revoltas, coa obra Na oficina de obxectos perdidos

2º Premio: Contadores de contos, do IES Alfredo Brañas, coa obra Contos para ser escoitados

Categoría infantil e primaria

1. Lixum marítimus – Tralleir@s medioambientais
CPI Cabo da Area de Laxe

2. A vaca que puxo un ovo – As conteiras e conteiros
CEIP Fogar de Carballo

Categoría secundaria e bacharelato

1. Atraco no banco – Os viquingos do Pendón
CPI As Revoltas de Cabana

2. A verdadeira historia de Rapuncel – Os teatreiros
IES Alfredo Brañas de Carballo

Categoría infantil e primaria

1. O exemplo a seguir – Xoaniña
3º de EP do CEIP Canosa-Rus

2. O conto dos sete medos – Os Cristinateiros
3º de EP CEIP Plurilingüe A Cristina

Categoría secundaria, bacharelato e ciclos de grado medio

1. Segredos abertos – Areeiras
CPI Cabo da Area de Laxe

2. Unha avoa a catro patas, calcetíns e garavatas – Calcetíns
IES Alfredo Brañas de Carballo

Categoría infantil e primaria

1. Daniela séntese Daniel – Os Reversibles
CPI Cabo da Area

2. Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela – As Teloneiras
CPR Artai

3. O peixe de ouro – Os Golfiños
CEIP Canosa-Rus

4. Tremoia manía – Os Tremoias
CEIP Bergantiños

Categoría secundaria, bacharelato e ciclos de grado medio

1. Bulling – Ora-toria
IES Alfredo Brañas

2. Seica choven cartos! – Todo ao revés
CPI Cabo da Area

3. Crispín – Os Teatreiros
IES Monte Neme

Categoría infantil e primaria

1. Quero ser outro – Cardume
CEIP Fogar

2. Pobres animaliños! – Agasallo
CPR Artai

3. Maruxa a mariñeira – Mariñeiras
CEIP Cabo da Area

4. O galo quirico – Os teatreiros do San Luís
CEIP Xesús San Luís Romero

Categoría secundaria, bacharelato e ciclos de grado medio

1. O ladrón – Os teatreiros do Monte Neme
IES Monte Neme

2. As sete mulleres do Anllóns – As sete mulleres do Anllóns
CPI As Revoltas

3. Puchiño vermello – Lendo lendas
IES Alfredo Brañas

Categoría infantil e primaria

1. O soño do verme – Solpor
CPR Artai

2. Superheroes – Teatrús
CEIP Canosa Rus

3. O rabaño – As ovelliñas do San Luís
CEIP Xesús San Luís Romero

4. Lobo feroz – A raíña dos vilares
CRA Ponte da Pedra – Escola de Sísamo

Categoría secundaria, bacharelato e ciclos de grado medio

1. Un médico desesperado – Bilitroque
CEIP Fogar

2. A fé – Os románticos
IES Eduardo Pondal

3. O merlo branco – Entreguións
IES Alfredo Brañas

FIOT Fónico

Imaxinas percorrer Carballo á vez que gozas dunha obra de teatro agochada no teu peto?

As rúas de Carballo convértense no escenario do FIOT Fónico, o último proxecto do Festival Internacional Outono de Teatro, no que experimentamos con novas linguaxes teatrais e procuramos introducir á cidade no teatro a través das novas tecnoloxías.

O FIOT implícase na experimentación escénica cunha iniciativa propia, realizada en coprodución co LIDISS (Laboratorio de Investigación en Innovación Social e Cultural Sostible), que conxuga as artes escénicas co espazo urbano e que explora novos formatos e as posibilidades que ofrecen as ferramentas tecnolóxicas, á vez que procura sinerxías con outras iniciativas socioculturais que teñen lugar en Carballo.

O espello que arde

FIOT Fónico 2021

A lúa, válvula de spray

FIOT Fónico 2020

Facer memoria

Podcast da experiencia de ‘Facer memoria’: proxecto realizado pola compañía Berrobambán en Carballo, no FIOT 2022. Recolle as gravacións realizadas nas parroquias de Oza e Verdillo a partir do encontro da narradora Paula Carballeira con múltiples persoas, para darlles voz ás súas lembranzas, nunha particular reconstrución da historia local.