Skip to main content
Novas

Xornadas profesionais no FIOT31

By 15/09/2022Setembro 19th, 2022No Comments

O Festival Internacional Outono de Teatro naceu coa vocación de xerar e impulsar o tecido escénico, pero tamén como espazo de encontro para públicos, compañías e axentes culturais. Por iso, o #FIOT31 acollerá xornadas profesionais de Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, e do Colectivo NOGA, que celebrará en Carballo a súa asemblea constituínte e unha gala para público familiar!

Ademais, durante o desenvolvemento do festival, contaremos coa visita do alumnado do CEU de Xestión Cultural da Universidade de Santiago de Compostela.