Día
Xoves 27 outubro 2022

Hora
Durante todo o día
19.30 h: Monólogo Celso Fernández Sanmartín

Espazo
Salón de Actos do Pazo da Cultura

Entrada
Libre e de balde

Idade
Todos os públicos

Sobre a actividade

A Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega) recupera no FIOT as súas xornadas profesionais anuais. O festival acolle este espazo de diálogo e traballo da principal estrutura creativa e de produción das artes escénicas de Galicia, na que participarán axentes escénicos de referencia de todos os eidos do sector.

Trátase dunha xornada de reflexión e traballo sobre os retos aos que se enfronta o noso sector escénico profesional.

Para pechar a xornada de traballo o monologuista Celso Fdez. Sanmartín realizará un dos seus espectáculos