Sobre a actividade

O Colectivo NOGA (Narración Oral Galega) é a asociación que acolle ás profesionais da narración oral en Galicia e en galego. Falamos aquí de case medio cento de profesionais que percorren a nosa xeografía (e non só a nosa) levando nos seus espectáculos todo o que sexa digno de ser contado e escoitado: contos, lendas, tradicións, feitos históricos, textos literarios, vidas e obras…

Nos últimos anos (pandemia mediante) estiveron atopándose, xuntándose, reagrupándose, entendéndose… e desta volta veñen a formalizar que son familia e que sendo un colectivo moi diverso arredor da palabra contada, teñen unha voz común.

Con esa intención, os días 1 e 2 de outubro, baixo o paraugas do FIOT, terán lugar dúas xornadas de encontro e traballo na que se celebrará a Asemblea Constituínte da asociación e que culminará nunha gala de narración oral para público familiar.

1 de outubro (Pazo de Cultura)
11.00 h Asamblea Constitucinte da Asociación Cultural, Social e Educativa Galega de Narración Oral NOGA
17.00 h Coas mans na masa: Grupos de traballo

2 de outubro (Mercado municipal)
12.30 h Gala NOGA de narración oral para público familiar (función colectiva)