Día
Martes 24 outubro 2023

Hora
Durante todo o día

Espazo
Salón de Actos do Pazo da Cultura

Entrada
Libre e de balde

Idade
Todos os públicos

Sobre a actividade

A Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas volve a escoller o FIOT para realizar as súas xornadas profesionais anuais, nesta ocasión, poñendo o foco na parte técnica das artes escénicas.

Por medio desta xornada no festival realizarase unha reflexión sobre os retos do futuro e buscaranse solucións ás dificultades actuais desta profesión en Galicia, esencial para que os proxectos artísticos se leven a cabo. Participarán entidades, colectivos e axentes con interese e participación no sector e é aberta ao público.

Colabora: Deputación da Coruña