Skip to main content

O FIOT acolle este xoves 14 a celebración das xornadas profesionais anuais da Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, Escena Galega, un espazo de diálogo e traballo da principal estrutura creativa e de produción de artes escénicas en Galicia, na que participarán diferentes axentes de referencia do sector.

Nesta xornada, que se celebra entre as 09.30 e as 18.30 horas no Salón de Actos do Pazo da Cultura, abórdanse os retos aos que se enfronta o sector escénico profesional galego neste 2021, o ano da transición post-pandemia, e os seguintes. A inauguración contou coa participación do director do FIOT, Alberto Sueiro, o director da Agadic, Jacobo Sutil, e o presidente de Escena Galega, Juan Rodríguez. Durante a mañá teñen lugar as charlas e mesas redondas, mentres que no horario de tarde celebraranse os espazos de traballo en común.