Este domingo, 10 de novembro, tivo lugar a gala final do XXIII Concurso Escolar de Teatro Lido ‘Xosé Manuel Eirís’ onde os seis grupos finalistas volveron interpretar as súas pezas teatrais.
Aquí che deixamos a lista de grupos gañadores.
1ª categoría (Infantil e Primaria)
1º premio (200 euros): Os Cristinatreiros, do CEIP A Cristina, coa obra ‘A mentireira historia da Carapucha Vermella’
2º premio (150 euros): Teatradas do CRA, do CRA Nosa Señora do Faro, coa obra ‘A abelliña que perdeu as ás’
Accésit (75 euros): Firucos, do CEIP Alfredo Brañas, coa obra ‘Ai, mamasiña que medo!’
2ª categoría (ESO e Bacharelato)
1º premio (200 euros): Cambio Blanco, do IES Monte Neme, coa obra ‘Presos – Finlandia’
2º premio (150 euros): Instalacións Eléctricas, do CPI As Revoltas, coa obra ‘Última hora’
Accésit (75 euros): Familia Carballeira, do IES Eduardo Pondal, coa obra ‘Nadal en galego’
O certame contou de novo coa colaboración de Radio Nordés Cadena Ser e coa achega económica da Libraría Brañas Verdes para os premios (libros e material didáctico). O FIOT quere agradecer a implicación dos centros educativos e do profesorado nesta iniciativa que ten como obxectivo promover o teatro entre os máis pequenos da casa e adolescentes.