Skip to main content

Este mércores, 13 de outubro, terá lugar a apertura ao público da exposición 30 fitos do FIOT, un percorrido informativo e emocional polas tres décadas de traxectoria do certame bergantiñán. O seu nacemento, o compromiso co teatro galego, a chegada da primeira rexedora a Carballo, a despedida de Xosé Manuel Eirís, o paso do cine Rega ao Pazo da Cultura, as noites de Rúa Chea, os Premios do Público… Un bo feixe de lembranzas recollidas en 30 fitos únicos seleccionados por quen mellor coñece o festival: a súa organización. O equipo promotor do FIOT30 acompáñase nesta aventura dunha das súas voluntarias, Beatriz Cortizas, a quen lle correspondeu o deseño expositivo da exhibición.