Skip to main content
Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo – FIOT abre a convocatoria para a búsqueda de voluntarias e voluntarios para a súa nova edición, a número 32, que se estenderá do 28 de setembro ao 31 de outubro de 2023.
A reunión para todas as persoas que desexen formar parte do voluntariado terá lugar este mércores, 20 de setembro, ás 20.00h, no Pazo da Cultura de Carballo (2º andar).
Se che gusta a escena, se queres achegarte ao teatro desde dentro, se che apetece colaborar cun dos eventos culturais máis importantes de Carballo, se queres facer novas amizades e compartir inquedanzas co equipo de voluntarias e voluntarios do #FIOT32, non perdas esta oportunidade!