Data
Os días de función do Programa de Sala, ás 18.00 h. se as circunstancias o permiten

Espazo
Pazo da Cultura (Salón TV)

Inscrición
Aberto ao público sen necesidade de inscrición

Unha charla entre espectadores e compañías arredor dun café é unha oportunidade única para atoparse cos equipos artísticos e coñecer de primeira man o seu traballo e o proceso creativo.

Organizaremos este espazo de diálogo antes de cada función do Programa de Sala sempre que as necesidades das montaxes o permitan.

Café con… Chévere
Sábado 3 de outubro, 18.00 h
Pola función en Carballo de ICTUS (anatomía de “A derradeira leición” de Castelao)

Café con… Rafael Álvarez, El Brujo
Sábado 31 de outubro, 18.00 h
Pola estrea en Galicia de La segunda venida de Cristo o el yoga de Jesús

Organiza: AC Telón e Aparte