Gala de entrega de premios
Domingo 8 de novembro 2026

Espazo
Pazo da Cultura

O teatro pode chegar ás casas de moitas maneiras. As voces da rapazada que participe espallarán o teatro por todos os recunchos de Bergantiños a través da radio e das redes sociais do festival.

Un ano máis, os centros escolares de Primaria e Secundaria de toda a comarca están convidados a participar nesta proposta que busca achegar o teatro á cativada e facilitar o seu primeiro contacto coa interpretación mediante a lectura dramatizada. Xa na súa XXV edición, o concurso propón que cada grupo grave a súa lectura en formato de vídeo para que as súas interpretacións poidan chegar ao público a través do FIOT.

Unha ducia de grupos será seleccionada polo xurado para vivir ademais a experiencia de gravar nos estudos profesionais de Radio Nordés Cadena SER. Desa gravación sairán os finalistas que volverán subir ao escenario para participar na gala final, que terá lugar o 8 de novembro no Auditorio do Pazo da Cultura. Alí coñeceranse os premios, cunha dotación total de 850 €, e celebrarase o peche desta aventura teatral.

E, como manda a tradición, a festa rematará cunha chocolatada!

”Outros xeitos de facer teatro.

Organiza: Telón e Aparte

Colabora: Radio Nordés, Cadena Ser e Libraría Brañas Verdes

Prazo de presentación: ata o 12 de outubro