Día
Sábado 31 de outubro 2026
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura (Auditorio)
Duración
100 minutos
Público
Adulto (+14 anos)
Día
Sábado 31 de outubro 2026
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura (Auditorio)
Duración
100 minutos
Público
Adulto (+14 anos)
Sobre o espectáculo
Poucos actores son capaces de converter un escenario baleiro nun universo enteiro. Rafael Álvarez, El Brujo, presenta un enxeñoso monólogo no que humor, palabra, xesto, improvisación e reflexión se dan a man para revisitar a figura de Xesús desde unha perspectiva pouco habitual.
O espectáculo propón un diálogo entre os evanxeos, a filosofía oriental e a tradición do ioga, explorando as grandes preguntas sobre a conciencia, a espiritualidade e a condición humana. Quizais sexa o seu espectáculo máis arriscado.
El Brujo bebe da tradición dos antigos xograres e da influencia de Dario Fo para construír unha proposta tan profunda como divertida, na que a música en directo completa a experiencia teatral e onde a que a palabra, o humor e a emoción dialogan con naturalidade.
”Nun momento necesitado de inspiración, esta é unha arriscada aposta por combinar o desexo de coñecemento profundo da alma co ritmo, a risa e o sentimento lúdico da festa do teatro.
Ficha
Interpretación e creación: Rafael Álvarez, El Brujo
Composición musical e música en directo: Javier Alejano
Vestiario: Gergonia Moustellier
Escenografía: Equipo Escenográfico PEB
Deseño iluminación: Miguel Ángel Camacho
Dirección: Rafael Álvarez