Día
Sábado 3 de outubro 2026
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura (Auditorio)
Duración
112 minutos
Público
Adulto (+12 anos)
Día
Sábado 3 de outubro 2026
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura (Auditorio)
Duración
112 minutos
Público
Adulto (+12 anos)
Sobre o espectáculo
Que sucede cando a memoria comeza a esvaecerse? A partir de A derradeira leición do mestre, o emblemático cadro de Castelao, Chévere constrúe unha peza de teatro documental que explora a relación entre a memoria persoal e a memoria colectiva. A historia dunha muller que intenta reconstruír os recordos perdidos tras sufrir un ictus convértese nunha viaxe cara a un pasado cheo de preguntas sobre o esquecemento, a identidade e a nosa historia recente. Documento e ficción, testemuño e teatro entrelázanse para lembrar que unha sociedade que esquece corre o risco de perder tamén parte de si mesma se non supera os seus traumas.
Premio Nacional de Teatro en 2014, Chévere leva décadas desenvolvendo unha linguaxe escénica propia na que dialogan investigación, creación contemporánea e compromiso social.
”Como se constrúen - e como se disputan- as narrativas da memoria?
Ficha
Interpretación: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Borja Fernández, Gema Santos, Marcos Pereira
Vestiario: Uxía P. Vaello
Espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo
Deseño de son e iluminación: Fidel Vázquez
Deseño 3D: Xabier Vilas
Adaptación a LSE: Carla Méndez
Asesoramento para persoas cegas: Paula Varela
Escenografía, idea e creación: Chévere
Dramaturxia e dirección: Xron
Coproducción co Centro Dramático Nacional.
Interpretación en lingua de signos, audiodescrición en directo.