FIOT en pausa

Do 9 ao 18 de outubro en Carballo

 

Que é o FIOT en pausa?

Ás veces, para avanzar, é necesario facer unha parada. Este 2020 non se celebrará unha nova edición FIOT, pero durante esta pausa propoñémosvos unha programación para gozar do teatro no corazón das artes escénicas en Galicia: Carballo.

Entradas

A limitación da capacidade dos recintos culturais por prevención da covid-19 supoñen unha redución no número de entradas dispoñibles do FIOT en pausa. Nos vindeiros días daremos toda a información sobre como podes conseguir os teus billetes de acceso aos espectáculos.