Un total de 26 grupos de 10 centros educativos de Carballo, Coristanco, A Laracha, Cabana de Bergantiños, Ponteceso e Malpica participan no XXIII Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís.
Na 1ª categoría (Infantil e Primaria) hai 11 grupos participantes (6 colexios, 75 alumnos e alumnas e 9 docentes) e na 2ª categoría (ESO e Bacharelato) outros 15 grupos (4 institutos, 69 rapaces e rapazas e 5 docentes).
Podes ver todos os vídeos na nosa canle de Youtube.
O xurado seleccionará os grupos que gozarán da experiencia radiofónica nos estudios profesionais de Radio Nordés Cadena Ser e, desta gravación, sairán os finalistas. Gozaremos da súa lectura en directo na emocionante gala final do 10 de novembro no Pazo da Cultura de Carballo.
Coa colaboración de Librería Brañas Verdes de Carballo e Cadena Ser Nordés.