Día
Domingo 8 de outubro 2023
Hora
20.30 h
Espazo
Mercado Municipal
Entrada
10 €
Duración
90 minutos
Idade
A partir de 13 anos
Sobre o espectáculo
As tres vellas lían á cabeza os seus mais fermosos panos rameados, para saír a bailar as muiñeiras e xotas nas eiras das festas. Os días gloriosos de romarías e festas, os bailes, os milagres, as devocións, os exorcismos as empanadas e os melindres, o viño novo e a caña brava… parece un mundo esquecido, mais elas regresan para contalo coa mesma frescura que se fose onte.
Tres dos mellores narradores, ben coñecidos na Rúa dos Contos, regresan para falar das súas musas, as súas vellas e, como nunha sesión de espiritismo, resucitan as súas palabras e a súa memoria.
”Unha viaxe equidistante aos tempos de “Deus é bo, mais o Demo non é malo”.
Ficha
Interpretación, autoría e dirección: Quico Cadaval, Celso Sanmartín e José Luis Gutiérrez “Guti”.