Día
Mércores 11 de outubro 2023

Hora
21.00 h

Espazo
Casino 1889

Entrada
4 €

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

Lume, palabra, mulleres e música para contar e cantar con alegría a memoria dun pobo. Tralalareira é unha peza a pedir de boca, con humor e viño, para padais pouco finos e gorxas cantareiras, todo o que se escoitaba (e o que non) tras dunha lareira…

A narradora Vero Rilo acompañada ao acordeón por Santi Cribeiro (Berrogüeto, Os d´Abaixo…) prenden a lareira e cociñarán historias de vida, de tradición oral e de contos para cantar que nacen da boca da señora Isolina. Vai outra?.