Día
Sábado 19 de outubro 2024
Hora
12.00, 13.00, 18.00 e 19.00 h
Espazo
Fonte da Cristina (Av. Cristina)
Capacidade
15 persoas
Duración
12 minutos
Idade
Todos os públicos
Sobre o espectáculo
Peza performativa musical a través da cal imaxinamos a lenda da Fonte da Cristina. Buscase que o mito se faga realidade, que o público o presencie, para que fique logo na súa memoria. Dúas mouras serán as protagonistas servindo como representación de dous seres queers, para a través delas contar a realidade do colectivo LGBT+ é o que os converte nun colectivo, como pese a que as persoas son moi diversas son capaces de unirse, de comprenderse e de construír unha comunidade forte.
Un xogo coa fonte e o canto, con diferentes obxectos e a propia auga que acompañado dunha peza musical que nace da música tradicional galega e das súas coplas irán construíndo ese son, esa historia.
”Un feito entre real e imaxinario que ficará por sempre.
Ficha
Creación e realización: Sergio Marey e Alberto Ovejero