Día
Sábado 19 de outubro 2024

Hora
12.00, 13.00, 18.00 e 19.00 h

Espazo
Tenda de roupa Akira (R/ Ponte, 6)

Capacidade
7 persoas

Duración
15 minutos

Idade
A partir de 16 anos

Sobre o espectáculo

Dúas mulleres en distintos momentos vitais, dúas descoñecidas que se atopan nun probador e poden ter experiencias similares. Podemos sentar a carón de persoas sen chegar a saber ata que punto comparten feridas connosco. Sentímonos a salvo entre esa multitude xorda e cega que non vai apelar aos nosos medos.

Esta parece ser a situación de partida, un breve instante na vida de Rebeca, aparentemente feliz e despreocupada que cría que Bowie chamaba por ela na canción Rebel, Rebel. Unha inocencia inherente que ela segue conservando pese a que agocha unha dura realidade que inconscientemente négase a ver.

Rebel rebel, you´ve torn your dress.

Ficha

Dramaturxia e dirección: José L. Baños de Cos
Interpretación: Andrea Blanco e Ana San Fernando