Día
Sábado 26 de outubro 2024

Hora
12.00, 13.00, 18.00 e 19.00 h

Espazo
Ouvea Creatividade Gráfica (Rúa Gran Vía, exterior 1 Mercado Municipal)

Capacidade
10 persoas

Duración
20 minutos

Idade
Todos os públicos

Sobre o espectáculo

Unha radiografía da sociedade, poñendo o foco na relación coa natureza. Como se comporta un corpo fronte a unha crise medioambiental? Como reacciona? Como se move? Como se comunica?

Unha peza de teatro físico a modo de collage para unha bailarina. Unha investigación artística entorno a relevancia que ten o ecoloxismo dende a perspectiva de tres creadoras da xeración Z que emprega o corpo como linguaxe, como reflexo da ecoansiedade, a produtividade feroz e o esgotamento que produce en todos nós a sociedade actual.

Que quedará do mundo cando non quede nada.

Ficha

Dirección e dramaturxia: Diego Chamizo
Coreografía e interpretación: Sofía Rodal
Vestiario e gráfica: David Vila