Día
Venres 29 de setembro 2023

Hora
22.30 h

Espazo
Bar A Estación

Entrada
4 €

Idade
A partir de 14 anos

Sobre o espectáculo

Historias esfiañadas e tecidas coas agullas do humor, xiros e reviravoltas tan divertidas como aloucadas, desventuras absurdas ou malentendidos hilarantes son os compoñentes  desta homenaxe ao humor inxenuo, o que só pretende facer rir.

A Rúa dos Contos é o escenario escollido polo humorista e monologuista Xan Veiga para a estrea do seu último espectáculo e festexar os seus trinta anos nas táboas, unha traxectoria que o levou por escenarios de todo o país e por populares programas televisivos como No te rías que es peor, Supermartes ou Luar.