Día
Venres 29 de setembro 2023

Hora
21.00 h

Espazo
Casino 1889

Entrada
4 €

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

Na miña casa está moi mal visto andar falando do que sucede na familia. Pero que facer se diante túa acontecen cousas incribles? Se che contan historias e lendas misteriosas das que non se pode falar en alto… Pois segundo o meu punto de vista tiña dúas opcións: calar para sempre ou artellar unha divertida e teatral función de narración oral que tamén convidara á reflexión sobre os roles establecidos, a igualdade, e a perspectiva de xénero.

E iso é exactamente o que vai facer na Rúa dos Contos esta actriz, narradora e improvisadora. Presentará unha divertida sesión de contos, feita con vimbios de mulleres. Dende meigas artúricas ata avoas misteriosas…

Vide dispostas a rir a esgalla e a gardar o segredo, xa que todo o contado sucedeu de verdade.