Día
Sábado 30 de setembro 2023

Hora
21.00 h

Espazo
Valle Inclán Café

Entrada
4 €

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

Queres viaxar ao país onde nacen todas as historias? Benvido a Arestoria, uha sesión de narración oral no que os contos xorden no momento, coas achegas do público e a improvisación. Relatos como nunca escoitaches, como nunca viches, como nunca imaxinaches nun tour inesquecible por paisaxes imposibles. Unha peza contada, improvisada e irrepetible.

Antón Coucheiro e Dani Blanco teñen unha longa experiencia como clowns e improvisadores, organizadores de encontros e creadores de formatos de impro.