Día
Sábado 14 de outubro 2023

Hora
20.30 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
10 €

Duración
80 minutos

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

Din que o corazón de Ana é un dormitorio baleiro. Nico quere tatuarse o seu. Están atrapados nun ascensor e pasarán de ser descoñecidos a amigos. Isto pasou hai tres anos, pero viviremos no presente o que nos veñan contar.

O xornalista con parálise cerebral e a vendedora de caramelos sumida en contradicións explicarán sen complexo as súas vivencias afectivo-sexuais para demostrar que cada un de nós, coa súa parálise particular, temos diferentes medos, soños e ilusións.

Con esta obra protagonizada por Aitziber Garmendia e por Telmo Irureta, gañador do Premio Goya ao mellor actor revelación 2023 e coautor de Sexpiertos., a compañía Tanttaka, referente das artes escénicas do País Vasco, proponnos reflexionar sobre corpos diferentes e felicidade, sobre prexuízos, complexos, falta de amor e soidade, Unha emocionante historia de crecemento persoal, tinguida de humor e dor a partes iguais.

Premio Max 2023 á Mellor labor de produción.

Esta obra chega ao FIOT da man de Camiño Escena Norte, un proxecto liderado por Escena Galega xunto ás demais asociacións de compañías de artes escénicas da ruta histórica dos Camiños de Santiago.

Vimos coa intención de presentar unha realidade que parece durmida. Porque estamos despertos.

Tanttaka Teatroa
Ficha

Intérpretes: Miren Arrieta e Telmo Irureta
Vestiario: Ana Turrillas
Espazo escénico: Fernando Bernués
Deseño iluminación: Xabier Lozano
Autoría: Kepa Errasti e Telmo Irureta
Dirección: Mireia Gabilondo