Día
Domingo 15 de outubro 2023

Hora
20.30 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
10 €

Duración
70 minutos

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

É o primeiro día de rebaixas nuns grandes almacéns. A xente entrou en tropel e houbo un accidente. Nas entrañas do edificio, un vixiante de seguridade interroga a un home de negocios que ten algo que ver cos feitos.

Dous grandes actores, Luis Bermejo e o galego e multipremiado Javier Gutiérrez, manteñen un pulso cheo de tensión, suspense e humor delirante sobre como a voracidade do sistema nos converte en depredadores.

A corrupción política e a corrupción da alma son ingredientes desta comedia negra que se enfunda nun traxe para falar dos anhelos e as miserias humanas, unhas conxénitas e outras implantadas ou herdadas, levándonos por un túnel do terror e da risa.

Pero cales son os feitos, exactamente? Cal é o perigo que agarda a estas dúas persoas?

Ficha

Intérpretes: Javier Gutiérrez e Luis Bermejo
Escenografía e vestiario: Mónica Boromello
Iluminación: Eduardo Vizuete
Espazo sonoro: Juan Ochoa
Autoría e dirección: Juan Cavestany