Día
Venres 13 de outubro 2023

Hora
21.00 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
10 €

Duración
75 minutos

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

Un neno de nove anos que vai a clase cunha mochila da súa serie de debuxos preferida, O meu pequeno poni. Algo tan inocente esperta as burlas, vexacións e a violencia máis brutal dos seus compañeiros.

O dramaturgo Paco Bezerra, un dos referentes da dramaturxia española contemporánea, expón ante nós un conflito social, lamentablemente moi de actualidade e que moitas veces silenciamos, o ataque ao diferente e o acoso escolar, unha dolorosa realidade na que viven atrapados cada vez máis nenos e nenas de todo o mundo.

Redrum Teatro, compañía comprometida con creadores de visión arriscada e coas preocupacións sociais, estrea no FIOT a versión galega deste impactante e sobrecolledor texto que nos convida á reflexión sobre a liberdade, o medo, o instinto de protección, a ineptitude e os prexuízos sociais dos adultos.

Ao remate da función celebrarase o acto de entrega do galardón Xograresa de Outono 2023 a Ana Romaní.

É o colexio un lugar seguro para os nenos que son distintos?

Ficha

Intérpretes: Guillermo Carbajo e Laura Míguez
Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Espazo sonoro: Fernando Epelde
Autoría: Paco Bezerra
Tradución e dirección: Alex Sampayo