Día
Sábado 12 de outubro 2024

Hora
12.00, 13.00, 18.00 e 19.00 h

Espazo
Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34)

Capacidade
24 persoas

Duración
20 minutos

Idade
Todos os públicos

Sobre o espectáculo

Instalación interactiva na que oito pequenos escenarios contan con todo o necesario para desenvolver escenas curtas do libro de Julio Cortázar “Historias de Cronopios e de Famas”. Os personaxes son títeres fáciles de manipular. Cada unha das escenas ten o seu texto correspondente. E fronte a cada escenario hai un par de cadeiras. Os asistentes serán titiriteiras e titiriteiros ou público de cada unha das historias.

Manipuladores e público conectarán a través dos monicrekes, con estes pequenos textos coa seriedade do xogo e o divertimento, con estes  personaxes que habitan unha sociedade non moi afastada da nosa.

Quen non se sentiu Cronopio nalgún momento? Ou Fama ou Esperanza?

Ficha

Idea e creación: Carmen Domech
Textos: Julio Cortázar