Día
Domingo 22 de outubro 2023

Hora
20.30 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
12 €

Duración
100 minutos

Idade
A partir de 16 anos

Sobre o espectáculo

Tessa é unha brillante avogada á que lle encanta gañar e que logrou facerse un camiño ata chegar ao pico da súa carreira. Pero un impactante acontecemento fará que a súa vida cambie para sempre.

O prestixioso director peruano Juan Carlos Fisher adapta o texto de Suzie Miller na súa estrea mundial en español despois do seu grande éxito en Londres e Broadway. A protagonista é Vicky Luengo, unha das actrices máis recoñecidas na actualidade, que se enfrontará a todo aquilo no que máis cre para encontrar xustiza e sacar do camiño o que non lle permite ver e descubrir a verdade.

Segundo a Organización das Nacións Unidas un terzo das mulleres do mundo é vítima de violencia. Como afrontar na sociedade o problema da violencia contra as mulleres?

Vertixinosa, intelixente, divertida e conmovedora, Prima Facie rétanos a cuestionar os nosos paradigmas e convídanos a pensar como debería de funcionar este mundo, construído para que non todos sexamos iguais en liberdade, dereitos e posibilidades.

Algo ten que cambiar

Ficha

Intérprete: Vicky Luengo
Audiovisuais: Emilio Valenzuela e David Vizcaíno
Música e espazo sonoro: Luis Miguel Cobo
Iluminación: Ion Aníbal López
Escenografía e vestiario: Lua Quiroga Paúl
Autoría: Suzie Miller
Tradución: Juan Carlos Fisher e Rómulo Assereto
Dirección: Juan Carlos Fisher
Coprodución: Producciones Abu, Morris Gilbert – Mejor Teatro, Gosua, Teatro Picadero, TIDI e Hause-Richman Producciones