Día
Venres 27 de outubro 2023

Hora
21.00 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
10 €

Duración
65 minutos

Idade
A partir de 14 anos

Sobre o espectáculo

Esta é a historia dunha promesa que non se puido cumprir. En 1934 o xove mestre Antoni Benaiges chega á escola rural de Bañuelos de Bureba. Poucos meses despois paga do seu peto un gramófono e unha rudimentaria imprenta e os seus alumnos publican as súas emocións, soños e pensamentos. En 1936 publican El mar. Visión de unos niños que no lo han visto nunca. O mestre promételles que ese verán irán a Cataluña para que o coñezan. O 25 de xullo Benaiges é fusilado.

A peza é froito do primeiro encontro do destacado dramaturgo Alberto Conejero e de Xavier Bobés, referente do teatro de obxectos en España. Coas palabras xustas, documentos, textos do mestre e dos alumnos, imaxes e obxectos que cobran vida reconstrúen con intensidade poética a historia dun mestre fusilado, poñendo no centro a escola, o poder transformador da educación.

Finalista á mellor dirección de escena nos Premios Max 2023.

En memoria de todos os mestres que prometeron o mar.

Ficha

Intérpretes: Xavier Bobés y Sergi Torrecilla
Espacio escénico: Pep Aymerich
Audiovisuais: Albert Coma
Música orixinal: Antonio José Martínez Palacios (1902-1936), en grabacións de José Luis Bernardo de Quirís e Elisa Rapado Jambrina
Espazo sonoro: Julià Carboneras
Iluminación: Jou Serra e Mario Andrés Gómez
Asesoramento documental e fotografías: Sergi Bernal
Testemuñas do audio: Documental El retratista de Alberto Bougleux e de Sergi Bernal
Dramaturxia: Alberto Conejero, a partir de textos das nenas e nenos da escola de Bañuelos de Bureba, do seu profesor Antoni Benaiges, Marina Garcés e Alberto Conejero
Autoría e dirección: Xavier Bobés e Alberto Conejero
Copodución: Teatre Nacional de Catalunya e Festival FITT de Tarragona