Día
Sábado 21 de outubro 2023

Hora
20.30 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
12 €

Duración
105 minutos

Idade
A partir de 12 anos

Sobre o espectáculo

Ela e el quérense. Ansían un fillo, pero cando o teñen, non é como imaxinaban. E a situación complícase cando chega á adolescencia. Esta é a historia de como unha familia se vai afastando do que soñou que sería.

Reflectindo con humor, ironía e emoción as contradicións do amor, esta historia -que podería ser a nosa- centra o foco en temas como a maternidade, a educación, a discapacidade, a sexualidade ou a violencia, e pon de relevo os medos, conflitos e a frustración que nacen da distancia entre os nosos desexos, as nosas proxeccións de futuro e a realidade. O espectáculo é unha fermosa e profunda traxicomedia; un carrusel- a noria da vida- pero tamén unha espiral que, a medida que xira, afonda na dor dos seus protagonistas.

Despois de André y Dorine y Solitudes (das que gozamos no FIOT), máis de 1000 funcións, xiras de éxito que os levaron por unha trintena de países e numerosos galardóns, tanto en España con varios premios Max ou El Ojo Crítico de RNE, como en EEUU ou Reino Unido, Kulunka presenta en Galicia, de novo no noso festival, o seu virtuosismo coa linguaxe das máscaras, combinando tenrura e crueza.

Ata onde pode arrastrar a incomunicación a unha familia?

Ficha

Intérpretes: José Dault, Garbiñe Insausti e Edu Cárcamo
Iluminación: Javier Ruiz de Alegría
Vestiario: Ikerne Giménez
Deseño e realización de máscaras: Garbiñe Insausti
Escenografía: Ikerne Giménez e Javier Ruiz de Alegría
Composición musical e espazo sonoro: Luis Miguel Cobo
Dramaturxia: Iñaki Rikarte, Garbiñe Insausti, José Dault e Edu Cárcamo
Dirección: Iñaki Rikarte
Creación: Kulunka Teatro
Coprodución: Centro Dramático Nacional, Teatro Arriaga e Teatro Victoria Eugenia