Día
Sábado 28 de outubro 2023

Hora
12.00, 13.00, 18.00 e 19.00 h

Espazo
Chocolates Mariño (Rúa Cervantes,1-baixo)

Capacidade
15 persoas

Duración
15 minutos

Idade
Todos os públicos

Sobre o espectáculo

Pandemias, guerras, incendios, mortes a diario por cancro, por accidente de coche, por accidente laboral, por infarto, por afogamento na piscina, na praia; asasinatos, crises de ansiedade, ataques de pánico, depresión, suicidios, inundacións….
A catástrofe invádenos a diario nos xornais, na radio, na televisión, nas conversas de ascensor, entre veciños, nas sobremesas. A vida é un delirio pero aquí seguimos nós, por un afortunado azar, tomando chocolate.

Peza que quere celebrar a vida, celebrar a sorte de ter chegado aquí. Do pequeno privilexio de gozar do sabor e aroma dun chocolate ao que convida Filo no 50 aniversario da tenda que herdou da súa nai, unha muller que comparte a súa historia con todos os que decidan achegarse a festexar.

Ficha

Interpretación e texto: Mar Fiúza
Imaxe, vestiario e son: F&F
Dirección: Nekane Fernández