Día
Sábado 21 de outubro 2023
Hora
12.00, 13.00, 18.00 e 19.00 h
Espazo
Adega O’Lagar (Rúa Valle Inclán, 18)
Capacidade
15 persoas
Duración
15 minutos
Idade
A partir de 16 anos
Sobre o espectáculo
DestilaPracer convídanos á comprensión do mundo dende a aceptación do corpo como elemento puro e estético, e non coma un mero obxecto. Unha analoxía a “Fausto”, que pacta co diaño vendendo a súa alma para chegar a ser algo que realmente non é, pero anhela. Trátase de xerar cuestións a través do prohibido, do pecado e do que non está establecido pola maioría social.
Espazo Vacío emprega a linguaxe corporal en mímese coa cor, a imaxe, o entorno e o movemento, deixando de lado a palabra e danza polo espazo, para desprenderse dos lastres vitais a través do teatro físico e o burlesque. Unha conta atrás, simbolizando o paso do tempo, para poder acadar os desexos máis íntimos.
Ficha
Intérprete: Cecilia Vázquez
Espazo sonoro: Juan Bas, Cecilia Vázquez e Inés Casarejos
Vestiario: Juan Bas e Cecilia Vázquez
Imaxe e audiovisuais: Juan Bas e Inés Casarejos
Dirección e dramaturxia: Juan Bas