Día
Sábado 28 de outubro 2023

Hora
12.00, 13.00, 18.00 e 19.00 h

Espazo
Habitación Pensión Rama (Avda. Fisterra, 17)

Capacidade
10-15 persoas

Duración
15 minutos

Idade
Todos os públicos

Sobre o espectáculo

A Álvaro encántalle durmir, mais tamén bailar. Unha luz tenue na escuridade, o son dunha teteira, a calor dunha bolsa de auga quente nunha noite fría, unha voz que borboriña preto do ouvido, un aloumiño nos pés…
Parar o corpo ante a imposibilidade de parar a mente. Bailar unha canción de berce ante a imposibilidade de parar o corpo.

Cía. iO é unha compañía interesada nas novas linguaxes e nas artes do movemento que nos levará a un espazo e unha atmosfera marcada pola quietude e a danza.

Ficha

Interpretación, dramaturxia e dirección: Álvaro Reboredo Ortega “Fitinho”
Luces e son: Bea Rubio