Día
Xoves 19 de outubro 2023

Hora
21.00 h

Espazo
Auditorio do Pazo da Cultura

Entrada
5 €

Duración
80 minutos

Idade
Público Adulto

Sobre o espectáculo

O día que eu nacín houbo un pequeno silencio no hospital. Non chorei. Non pareceu ser necesario para min. Cando cheguei á casa as miñas irmáns berraron “¡Ai, Deus, que Deus nos axude! Outro!”. Pero equivoqueime, non era outro. Eu era único.

Desde o humor absurdo e a tenrura, Diego Anido amósanos unha autobiografía inventada, entre a Galicia dos 80 e unha estrela do pop americana. Regálanos unha vida que ás veces semella a súa, pero que non lle avergoña como a súa. Sen medo a queimar a súa memoria.

O Deus do pop é unha impresión. Como a que nós levamos cando coñecemos a unha persoa. Que sabemos dunha persoa? Que sabemos dela que ela mesma non sabe? Ela ten outra impresión de si mesma. Un relato formado por fragmentos escollidos do seu pasado.

Despois de 25 anos na creación contemporánea, esta é a quinta peza unipersoal de Diego Anido. O texto, a danza, a música en directo ou o clown conviven cunha depurada dramaturxia froito dun longo proceso de creación moi persoal no que estivo acompañado por un amplo equipo. O singular artista, que xa participara no OTNI coa coprodución do FIOT Symon Pédícrí e que está de plena actualidade tras o seu éxito do filme As bestas (finalista nos Premios Goya e gañador do Premio da Unión de Actores ao actor revelación), sorpréndenos cunha performance dunha estraña e inadaptada criatura entre a realidade e a fantasía.

Dous Premios María Casares 2023 (Dirección de movemento e iluminación).

Só para que o adoremos. Como a un deus do pop.

Ficha

Interpretación, texto e dirección: Diego Anido
Vestiario: Uxía P. Vaello e Carmen Triñanes
Deseño de luz: Montse Pinheiro, Pedro Fresneda e Raquel Hernández
Deseño de son: Xavier Bértolo
Espazo escénico: Carmen Triñanes
Movemento: Guillermo Weickert e Diego Anido
Asesoría en interpretación: Víctor Duplá