Día
Venres 13 de outubro 2023
Hora
17.30 h
Espazo
Salón de actos do Pazo da Cultura
Entrada
Gratuíta (Reserva cun custe de 2€ que se devolven cando se acceda ao espectáculo)
Duración
5 minutos por pase
1 persoa por pase
Idade
A partir de 8 anos
Sobre o espectáculo
Mentres nas rúas e nas prazas a vida transcorre coma decote… De súpeto! todo pode mudar e trocarse nun inferno.
Nun acto de íntima comunicación entre artista e espectador, desde a fiestra, asistimos ao instante no que unha vila se transforma en destrución.
Os monicreques de Kukas é unha compañía pioneira no teatro de marionetas. Neste formato de teatro íntimo, case de pintura en movemento, plásmase o seu característico universo, no que prima o traballo artesanal e a mirada plástica e artística. Con este alegato antibelicista, sutil e poético, homenaxea a Picasso, no ano no que conmemoramos o 50 aniversario do falecemento do pintor.
”Un símbolo do horror e a sen razón das guerras.
Ficha
Autoría, escenografía e interpretación: Marcelino de Santiago Viqueira (Kukas)
Dirección: Isabel Rei Pousada