Día
Xoves 26 de outubro 2023

Hora
20.30 h

Espazo
Salón de actos Pazo da Cultura

Entrada
Gratuíta

Duración
40 minutos

Idade
Todos os públicos

Sobre o espectáculo

As que bailan é un corpo que pretende ser canle das palabras e dos bailes doutras bailarinas. Xuntas pensaron moito sobre o amor, a fe, o poder e o paso do tempo, en relación coa profesión de bailarina.

Preséntase no FIOT unha primeira formalización deste traballo en proceso de Clara Pampyn para compartir o proxecto de investigación e mediación co que homenaxea o traballo das intérpretes de danza, observando, cuestionando e poñendo en valor as posicións que as bailarinas ocupan nos marcos de traballo contemporáneos.

Poderemos participar deste proceso creativo aínda aberto, resultado da residencia que realizou a artista e co-fundadora do colectivo La Imperfecta, no Pazo da Cultura o pasado mes de xullo.

Esta actividade forma parte do programa Paraíso 2023 de residencias artísticas para a danza e as artes vivas impulsado polo Colectivo RPM, co apoio da AGADIC da Xunta de Galicia e co que colabora a Concellaría de Cultura do Concello de Carballo desde os seus comezos.

Un corpo que se pon ao servizo das que se poñen ao servizo.

Ficha

Interpretación e dirección: Clara Pampyn
Coa colaboración de 39 bailarinas e bailaríns