Día
Sábado 30 de setembro 2023

Hora
23.00 h

Espazo
Café Colón

Entrada
4 €

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

Mentres cociñamos a lume manso, contamos historias. A narradora percorre o país, escoitando ás mulleres e subindo as súas voces á escena para contar de tempos sen tempo a carón da lareira ou ao redor da cociña de ferro. Este é un altar da memoria que empeza nas mans e medra nos ollos desas mulleres que sacaron adiante aos fillos cando o home marchaba ao mar ou á emigración.

O obra creouse a partir das historias recollidas durante a elaboración do material gráfico da exposición Ao Pé do Lar e dos Calendarios do Románico do Sorriso de Daniel.