Día
Xoves 28 de setembro 2023
Hora
21.00 h
Espazo
Mesón do Pulpo
Entrada
5 €
Idade
Público adulto
Sobre o espectáculo
Acadar a inmortalidade é unha gran teima do ser humano. Pero, e se te ergues un día e descobres que posúes tal condición? Que vantaxes e inconvenientes ten vivir para sempre? Como é o día a día dun inmortal?…
Para coñecer as respostas a estas preguntas, e a outras moitas que se che poidan ocorrer, tes que escoitar a Josentonio, un home con séculos de experiencia que aterrará nas Noites de Rúa Chea da man de Víctor Fábregas,
Este popular humorista que saltou á fama co dúo Os Tonechos, ata converterse nun fenómeno televisivo da TVG. Tras unha dilatada traxectoria profesional como actor cómico en series, películas e programas de televisión, na actualidade segue facendo gala do seu humor en espazos como Luar e Land Rober.