Día
Sábado 28 de outubro 2023
Hora
20.30 h
Espazo
Salón de actos Pazo da Cultura
Entrada
5 €
Duración
55 minutos
Idade
A partir de 10 anos
Sobre o espectáculo
Quedan convocados para a apertura deste peculiar testamento en vida e vital; de recordos, raíces e identidades universais. Ramón prepara a súa herdanza. Ata podería querer deixar iso que non ten. Cousas irreais e tamén partes do océano, palabras, cancións… Campo, barrio e mapa do tesouro. Sede benvidos.
Que quedará de nós canda xa non esteamos? Onde irán parar as nosas cousas? A resposta virá da man dos obxectos, xoguetes, retratos… que xorden dun moble e que, desde a sinxeleza da súa linguaxe, a autoironía, o humor e coidada estética, crean un momento único que permite mirar ao mundo a través do teatro.
Como é característico desta compañía catalá que leva realizado máis de 3000 funcións dos vinte espectáculos producidos, este exquisito e premiado traballo despertará a nosa imaxinación e a nosa emoción. Compromiso coa verdade da boa, a verdade do teatro.
”Quen queira herdar que salve o mundo.
Ficha
Intérprete: Ramón Molins
Vestiario: Ramón Molins
Espazo escénico: Joan Pena, Carles Pijoan e La Baldufa
Iluminación e son: Marc Espinosa
Dramaturxia e dirección: Izaskun Fernàndez, Julián Sáenz López (Cía. El Patio), Ramón Molins e Jokin Oregi