Día
Xoves 24 de setembro 2026

Hora
21.00 h

Espazo
Mesón do Pulpo

Público
Adulto (+14 anos)

Hai quen conta contos. A Josito gústalle laretar: divagar, esbardallar, defender con absoluta convicción teorías das que nin el mesmo está demasiado seguro. Falar coma se soubese, pero sen ter nin idea. Así son as súas Laretadas, un espectáculo no que o importante non é chegar ao final. Está claro como empeza, pero ninguén adiviña como pode rematar.

Humor, improvisación e unha retranca afiada sen corsés. Unha ollada persoal que converte cada función nunha experiencia única e imprevisible.

Autoría: Rubén G. Pedrero e Josito Porto

Deseño iluminación: Pepe Quintela

Interpretación, deseño son, música e dirección: Josito Porto

Elenco artístico: Josito Porto