Día
Sábado 26 de setembro 2026

Hora
20.00 h

Espazo
Pazo da Cultura (Auditorio)

Público
Adulto

Esta é a despedida do mestre do humor e fundador de Tricicle; a súa última xira despois de 45 anos de profesión. Primeiro coa súa exitosa carreira coa mítica compañía de humor xestual Tricicle e, despois, en solitario, onde máis de 160.000 espectadores avalan o éxito do seu debut.

Cun estilo de humor e esa especial xestualidade que o caracterizan, tan unida a Tricicle, pero no que esta vez a palabra cobra protagonismo, o actor advertiranos das numerosas actividades que, ao parecer, hai que facer cando chega a xubilación. Con delirante agudeza e enxeño, descarta os tópicos da vida do pensionista e converte a súa despedida nunha auténtica celebración da risa.

Non é un monólogo. Carles Sans defíneo como un espectáculo teatral dun só personaxe no que as impresións e fantasías do actor conseguen que non paremos de rir. Promete que entre catro e cinco veces por minuto!

Interpretación: Carles Sans

Vestiario: The (Real) García

Música: Antonio Serrano, Claudio Marrero, Joan Carles Marí Tur e Claudia Bardagí

Iluminación: Aleix Ramisa

Coreografía: Tatiana Monells

Guión: Carles Sans, Jose Corbacho, Germán Aparicio e Rafel Barceló

Dirección: Carles Sans e José Corbacho