Día
Mércores 23 de setembro 2026

Hora
18.00 h

Espazo
Residencia de Maiores de Carballo

Público
Público familiar

Ratos! Ratos! Ratos! Hamelín está cheo de ratos! E se o conto non foi como nolo contaron? Todos os nenos e nenas seguiron o frautista? Unha nena non sucumbiu ante a música e logrou salvar os rapaces. E sabedes que facía tan especial a esta nena?

Narración oral, maxia, humor e unhas faíscas de lingua de signos. Unha revisión da popular lenda para pór en valor a diversidade e a integración que demostra que, ás veces, abonda con mirar o mundo doutro xeito para cambialo.

Esta actuación, adaptada para o FIOT, é un convite especial do festival aos usuarios dos centros de maiores de Carballo e da asociación AFABER.

Elenco: Fran Rei

Asesora de LSE: Ruth Lovera

Vestiario: Bety Busto

Música orixinal: Olivier Cano e Ramón Raíndo

Idea orixinal: Avelino González

Dramaturxia: Avelino González, Fran Rei e Carmen Conde

Dirección: Carmen Conde